miércoles, 9 de mayo de 2012

Como crear sombras nun debuxo

Aquí tedes unha explicación do proceso para obter sombras máis ou menos realistas nun debuxo



E outro blog coas ilustracións explicativas aquí 
Imaxes dun libro de Loomis para aprender a debuxar. É boísimo, está en inglés, porén as ilustracións son moi claras.


A primeira é un debuxo de obxectos xeométricos feito a lapis de grafito.














Tedes que practicar coas imaxes sinxelas para obter bos resultados e despois pasar a imaxes máis complexas.
















domingo, 6 de mayo de 2012

Fotógrafos-escenógrafos contemporáneos?

Temos dous creadores de imaxes fotográficas escollidos pola súa popularidade nestes anos. As súas fotografías teñen unha preparación moi meticulosa previa ao disparo final fotográfico. Uno é unha muller estadounidense: Sandy Skoglund; e o outro é un xinés: Liu Bolin.

Sandy Skoglund Esta profesora de arte comezou nos anos oitenta a crear escenografías moi persoais para situar as súas historias imaxinadas.




Liu Bolin comezou a súa serie máis famosa "escondido na cidade" como protesta contra o governo xinés. O que na primeira ollada parece un "atopa a Wally" leva a reflexionar sobre o artista e o seu contorno vital.



 E ti, que opinas? Que te suxiren as súas imaxes? Coñeces algun artista co que relacionala? Queres facer algunha imaxe parecida?