miércoles, 9 de mayo de 2012

Como crear sombras nun debuxo

Aquí tedes unha explicación do proceso para obter sombras máis ou menos realistas nun debuxo



E outro blog coas ilustracións explicativas aquí 
Imaxes dun libro de Loomis para aprender a debuxar. É boísimo, está en inglés, porén as ilustracións son moi claras.


A primeira é un debuxo de obxectos xeométricos feito a lapis de grafito.














Tedes que practicar coas imaxes sinxelas para obter bos resultados e despois pasar a imaxes máis complexas.
















domingo, 6 de mayo de 2012

Fotógrafos-escenógrafos contemporáneos?

Temos dous creadores de imaxes fotográficas escollidos pola súa popularidade nestes anos. As súas fotografías teñen unha preparación moi meticulosa previa ao disparo final fotográfico. Uno é unha muller estadounidense: Sandy Skoglund; e o outro é un xinés: Liu Bolin.

Sandy Skoglund Esta profesora de arte comezou nos anos oitenta a crear escenografías moi persoais para situar as súas historias imaxinadas.




Liu Bolin comezou a súa serie máis famosa "escondido na cidade" como protesta contra o governo xinés. O que na primeira ollada parece un "atopa a Wally" leva a reflexionar sobre o artista e o seu contorno vital.



 E ti, que opinas? Que te suxiren as súas imaxes? Coñeces algun artista co que relacionala? Queres facer algunha imaxe parecida?




viernes, 27 de abril de 2012

A Escultura: unha introdución

As principais técnicas da escultura tradicional son:
  • Modelaxe: usando materiais que  permitan ir engadindo materia progresivamente coma cera, arxila, pasta de papel, plastelina, etc. ata obter a forma desexada.
  • Talla ou esculpido: no que se parte dunha masa ou volume sólido e vai quitándoselle materia ata chegar ao resultado buscado. Os materiais máis frecuentes són pedra, madeira, etc.
  • Ensamblaxe, no que distintas pezas vanse xuntando por medios químicos (colas, etc.),  físicos (soldadura, ) ou mecánicos (parafusos, cordas, clavos, etc.)
  • Fundición, no que se adoita usar un molde para facer una copia con material duro a partires dun orixinal en material blando, ou podense facer moitas copias iguais dun mesmo orixinal. Usase tamén en cerámica e xoiaría.
Abaixo tendes un video sobre o proceso de fundición elaborado por unha das máis prestixiosos obradoiros de España, a Fundición Capa.                                                     Duración 14 min.

E entre os nomes ou tipos que normalmente se adoitan a usar coa escultura podemos ver os:
  • Relevos:  Altorelevo, medio relevo, planorelevo, oco relevo.  De vulto redondo sería unha escultura "normal"
  • Estatua: Busto, estatua ecuestre, sedente, etc. É unha representación normalmente de humanos.
  • Escultura asociada á arquitectura como elemento decorativo ou parte estrutural.
  • Escultura cinética ou en movimento, variable au longo do tempo, as veces soa e as veces necesita interación do espectador.
  • Arte do Contorno ou Land-Art. Son actuacións que modifican o medio natural momentánea ou definitivamente.
  • Xoiaría, pequenas producións con metais e/ou pedras normalmente valiosos (pedras preciosas) cunha finalidade ornamental.
  • Cerámica, arte e deseño para usos cotiás, suntoriais ou ornamentáis (decorativos) que require unha coción da peza feita, para rematala, nun forno especial .


lunes, 23 de abril de 2012

Ligazóns a outros blogs de EPV e TICs

Blogs de contido similar en temática ou materia:
 E una ligazón moi respetada por todo o mundo polo nivel dos participantes. Son  conferencias moi curtas, xeralmente de menos de 15 minutos, sobre os mais variados temas. Moitos deles tensubtitulos en varias linguas. Non éun blog pero os contidos son impresionantes! http://www.ted.com/. Podedes comezar con este cunha actuación de maxia keith Barry does brain magic

E un video sobre o número áureo na natureza, 4 minutos.





viernes, 20 de abril de 2012

Ligazóns a bancos de imaxes

As veces imos buscar as imaxes en Wikipedia sen saber nin como se chama a imaxe/obra ou escribir o nome do autor. Nesta entrada poño algunhas ligazóns interesantes para mergullarvos na riqueza artística mundial.
Tradicionalmente acéptase que os museos son unha peza clave para a comprensión e contemplación das obras de arte, porén tamén hai moitos outras posibilidades en lugares públicos e privados donde poderíamos atopar imaxes artísticas de primeiro orde.
Para comenzar coa lista de museos: Arte y Mercado produciú unha listaxe exahustiva por países moi util se partides cunha idea previa do que queredes( Acceso)

Na Aula Virtual tedes tamén unha listaxe de obras principais e unha seleción dos principais museos. Non é completa nin exhaustiva, podedes engadir outras imaxes favoritas vosas.
  • "Análisis de una imagen":  
    • Obras para analizar con ligazóns aos museos ao final da mesma.
    • Galería de imágenes con imaxes  que se atopan nestes museos e collidas da rede, para poder traballar con elas.
Moitas das que tedes na Aula Virtual aparecen nesta presentación.

 
En primeiro lugar teño que recomendarvos andar devagar, indo amodiño polas imaxes poderíades ver informacións moi interesantes sobre algunhas obras. Se os atopades información noutras linguas podedes practicar as clases de idiomas do instituto -isto é o mellor-,  ou usar un traductor automático que soen facer o traballo  con imprecisións e erros que dificultan a comprensión -pero bos para ter unha idea xeral ou con linguas alleas-.

Asímesmo lémbrovos que o obxectivo non é aprender todos os nomes de todas as imaxes e artistas, pero sí comezar a saber algúns nomes e ter preferencias persoais razoadas con referencias a outras imaxes.

Traductores:
  • O traductor de google, sinxelo e adoitado para "corta e cola"
  • Similar é Tradukka, co que poides escoitar a tradución (só se usasChrome ou Safari)
 E agora un documental extraordiario do National Geographic sobre as marabillas do sentido da vista, os mecanismos da visión e os trucos opticos mais inesperados e as capacidades do cerebro relacionadas con ela. (E despois tedes o resto do corpo!)
Duración total aprox. 40 min. 



miércoles, 18 de abril de 2012

Algúns traballos feitos

Podedes deixar os colegamentos a videos, debuxos, web ou actividades vosas. Por exemplo: eu fixen una animación gif nun curso de TIC. O punto de partida era crear unha animación dende unha imaxe fixa.

Tedes algo parecido? Queredes amosar as vosas creacións?
Outro traballo é moi grande e ten que verse reducido. Quisen facer un póster sinxelo sobre a escultura, en xeral. É este, que habería que velo en tamaño A2.

lunes, 16 de abril de 2012

Comezamos coas ligazóns (links)

Atopei un recurso excelente no intef (Instituto de técnicas ....) sobre a luz e o seu emprego por distintos artistas, trata o noso tema actual.   La Luz en el Arte
 





Outro recurso é  un "Libro LIM" de 30 páxinas que fixen en colaboración con tres miñas colegas de centros galegos que  imparten a materia en inglés. Publicouno a Xunta na súa páxina de recursos educativos. Se titula The Basic  Elements of the Images. Malia que hai que saber manipulalo un chisquiño estou seguro de que sabredes facelo. Outras actividades LIM publicadas na web da xunta

Podedes ir botándolles unha ollada e enviar as vosas opinións.
Grazas pola vosa colaboración!