viernes, 27 de abril de 2012

A Escultura: unha introdución

As principais técnicas da escultura tradicional son:
  • Modelaxe: usando materiais que  permitan ir engadindo materia progresivamente coma cera, arxila, pasta de papel, plastelina, etc. ata obter a forma desexada.
  • Talla ou esculpido: no que se parte dunha masa ou volume sólido e vai quitándoselle materia ata chegar ao resultado buscado. Os materiais máis frecuentes són pedra, madeira, etc.
  • Ensamblaxe, no que distintas pezas vanse xuntando por medios químicos (colas, etc.),  físicos (soldadura, ) ou mecánicos (parafusos, cordas, clavos, etc.)
  • Fundición, no que se adoita usar un molde para facer una copia con material duro a partires dun orixinal en material blando, ou podense facer moitas copias iguais dun mesmo orixinal. Usase tamén en cerámica e xoiaría.
Abaixo tendes un video sobre o proceso de fundición elaborado por unha das máis prestixiosos obradoiros de España, a Fundición Capa.                                                     Duración 14 min.

E entre os nomes ou tipos que normalmente se adoitan a usar coa escultura podemos ver os:
  • Relevos:  Altorelevo, medio relevo, planorelevo, oco relevo.  De vulto redondo sería unha escultura "normal"
  • Estatua: Busto, estatua ecuestre, sedente, etc. É unha representación normalmente de humanos.
  • Escultura asociada á arquitectura como elemento decorativo ou parte estrutural.
  • Escultura cinética ou en movimento, variable au longo do tempo, as veces soa e as veces necesita interación do espectador.
  • Arte do Contorno ou Land-Art. Son actuacións que modifican o medio natural momentánea ou definitivamente.
  • Xoiaría, pequenas producións con metais e/ou pedras normalmente valiosos (pedras preciosas) cunha finalidade ornamental.
  • Cerámica, arte e deseño para usos cotiás, suntoriais ou ornamentáis (decorativos) que require unha coción da peza feita, para rematala, nun forno especial .


No hay comentarios:

Publicar un comentario