viernes, 20 de abril de 2012

Ligazóns a bancos de imaxes

As veces imos buscar as imaxes en Wikipedia sen saber nin como se chama a imaxe/obra ou escribir o nome do autor. Nesta entrada poño algunhas ligazóns interesantes para mergullarvos na riqueza artística mundial.
Tradicionalmente acéptase que os museos son unha peza clave para a comprensión e contemplación das obras de arte, porén tamén hai moitos outras posibilidades en lugares públicos e privados donde poderíamos atopar imaxes artísticas de primeiro orde.
Para comenzar coa lista de museos: Arte y Mercado produciú unha listaxe exahustiva por países moi util se partides cunha idea previa do que queredes( Acceso)

Na Aula Virtual tedes tamén unha listaxe de obras principais e unha seleción dos principais museos. Non é completa nin exhaustiva, podedes engadir outras imaxes favoritas vosas.
  • "Análisis de una imagen":  
    • Obras para analizar con ligazóns aos museos ao final da mesma.
    • Galería de imágenes con imaxes  que se atopan nestes museos e collidas da rede, para poder traballar con elas.
Moitas das que tedes na Aula Virtual aparecen nesta presentación.

 
En primeiro lugar teño que recomendarvos andar devagar, indo amodiño polas imaxes poderíades ver informacións moi interesantes sobre algunhas obras. Se os atopades información noutras linguas podedes practicar as clases de idiomas do instituto -isto é o mellor-,  ou usar un traductor automático que soen facer o traballo  con imprecisións e erros que dificultan a comprensión -pero bos para ter unha idea xeral ou con linguas alleas-.

Asímesmo lémbrovos que o obxectivo non é aprender todos os nomes de todas as imaxes e artistas, pero sí comezar a saber algúns nomes e ter preferencias persoais razoadas con referencias a outras imaxes.

Traductores:
  • O traductor de google, sinxelo e adoitado para "corta e cola"
  • Similar é Tradukka, co que poides escoitar a tradución (só se usasChrome ou Safari)
 E agora un documental extraordiario do National Geographic sobre as marabillas do sentido da vista, os mecanismos da visión e os trucos opticos mais inesperados e as capacidades do cerebro relacionadas con ela. (E despois tedes o resto do corpo!)
Duración total aprox. 40 min. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario